Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adif investiga as causas dos atrasos na liña Asturias-Madrid e en Andalucía

Adif investiga as causas dos atrasos na liña Asturias-Madrid e en Andalucía

En tan só 24 horas producíronse dúas incidencias

G24.gal 19/12/2023 17:35

Nas últimas 24 horas producíronse na liña de alta velocidade entre Asturias e Madrid atrasos de ata dúas horas. A situación da rede ferroviaria provocou tamén críticas nos últimos días en Andalucía.

Fai menos dun mes, o pasado 29 de novembro, inaugurábase a nova liña de alta velocidade entre Asturias e Madrid pola variante de Pajares, reducindo a menos de tres horas a viaxe. Con todo, este feito viuse ensombrecido nos últimos días polos atrasos que sufriron dous trens.

O presidente do Principado, o socialista Adrián Barbón, agarda que se aclaren canto antes as causas, que en principio se atribúen a problemas de conxelación na catenaria.

A situación da rede ferroviaria foi motivo de crítica tamén por parte do presidente de Andalucía tras o descarrilamento dun tren en Málaga e outro en Cádiz, nun chío que provocou un enfrontamento co ministro de Transportes que o instou a centrarse nas súas competencias, ao que Juanma Moreno respondeu defendendo a vía andaluza.

Os trens tamén foron motivo de enfrontamento entre o ministro e a presidenta da Comunidade de Madrid recentemente por mor dos atrasos e descarrilamentos. Uns atrasos que tamén denuncian os usuarios da liña ferroviaria en Galicia, onde se está á espera da chegada dos trens Avril, que mellorarían tempos e capacidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade