Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adif propón agora pechar o paso a nivel do tráxico accidente en Recimil

Adif propón agora pechar o paso a nivel do tráxico accidente en Recimil

G24.gal 21/08/2023 18:53

Adif propuxo o peche do paso a nivel onde dous mozos de 19 e 21 anos morreron o pasado xullo. Hai un mes, Adif aseguraba que os dous sinais que hai actualmente cumprían coa normativa "atendendo ás súas características". Segundo un novo comunicado, quere pechar o paso de forma definitiva.

Esta decisión trasladouna Adif ao Concello de Lugo e ás plataformas de veciños, en dúas reunións mantidas este luns. As asociacións veciñais de Coeo e Recimil concentráronse en varias ocasións diante da Subdelegación do Goberno de Lugo para pedir unha solución.

O proxecto contempla a construción dun novo paso inferior, lixeiramente cara ao sur, así como a realización de camiños de ligazón co viario actual e outros de acceso ao novo paso. A solución requiriría a disposición de terreos, de titularidade privada, nuns 100 metros e estímase que a realización deste camiño provisional podería concluír nuns tres meses unha vez que teña a dispoñibilidade do chan.

O Concello de Lugo comprometeuse a xestionar cos veciños a cesión do chan, para poñelos ao dispor de Adif. A actuación forma parte do plan de supresión de catorce pasos a nivel no municipio de Lugo: oito deles xa se atopan en execución, mentres que os outros seis contan co proxecto aprobado e licitaranse antes de que finalice o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar