Detidos seis homes en Lugo por ter traballando empregados sen contrato
Detidos seis homes en Lugo por ter traballando empregados sen contrato
Os afectados dedicábanse a repartir pedidos a domicilio a través dunha plataforma en liña
Os detidos foron postos a disposición xudicial por un presunto delito contra a seguridade dos traballadores
A Policía Nacional detivo seis homes, veciños de Lugo, como presuntos autores dun delito contra a seguridade dos traballadores por ter empregadas persoas "sen cumprir as condicións legalmente establecidas".
Despois de ter coñecemento dunha posible práctica laboral ilegal, os investigadores puxeron en marcha unha operación para comprobar a veracidade dos feitos e confirmaron que os agora detidos tiñan traballando terceiras persoas "sen ningún tipo de requisito legal cuberto".
O traballo, explica, consistía na repartición a domicilio a través dunha plataforma en liña onde recibían e realizaban os pedidos. Na mesma figuraban como titulares os detidos, que si estaban dados de alta legalmente, pero o traballo realizábano persoas "sen cumprir as condicións legalmente establecidas".
Os axentes da Policía Nacional procederon á detención dos seis involucrados, que foron postos xa a disposición xudicial.