Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Adif proxecta a segunda vía na liña Zamora-A Mezquita para reforzar a capacidade

O Adif proxecta a segunda vía na liña Zamora-A Mezquita para reforzar a capacidade

Nos 32 quilómetros entre Pedralba, Zamora, e Vilavella, Ourense

G24.gal 27/02/2023 19:19 Última actualización 27/02/2023 20:40

Segunda vía para o treito de ferrocarril que chega de Zamora a Vilavella, na Mezquita, actualmente de vía única, co obxectivo de reforzar a capacidade.

No treito de 32 quilómetros, o ADIF vai adaptar aos estándares da alta velocidade os seis km do histórico túnel do Padornelo e, en paralelo, vai construír o novo de Acibeiros de 445 metros canda os viadutos de Leira e Pedro.

A obra permitirá a circulación de máis trens na liña de alta velocidade e a conexión coa liña convencional. Está pendente de licitar a execución dos traballos, pero xa licitou a redacción do proxecto por 4,8 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade