Cargando resultados...
O Concello da Mezquita alerta dunha posible estafa por teléfono en nome do consitorio
O Concello da Mezquita alerta dunha posible estafa por teléfono en nome do consitorio
Emitiu un bando no que aclara que o concello non está pedindo aos veciños datos persoais de ningún tipo para realizar trámites
G24.gal
28/05/2024 09:57
O Concello da Mezquita advirte a veciñanza nun bando que uns descoñecidos están chamando facéndose pasar por persoal municipal para obter datos bancarios. Un negocio da zona denunciou que chamaron ao teléfono fixo dúas veces dous días consecutivos e ao resultarlle sospeitosa a chamada avisou ao concello.
O alcalde pensa que pode tratarse dunha estafa, aclara que o concello non está pedindo datos persoais para ningunha tramitación por teléfono e roga aos veciños que estean en alerta e teñan conta.