Retencións quilométricas na A-52 e na N-525 polo corte de tráfico tras o incendio dun camión
Retencións quilométricas na A-52 e na N-525 polo corte de tráfico tras o incendio dun camión
O lume no vehículo articulado obrigou a cortar desde primeira hora do domingo o tráfico na autovía das Rías Baixas, a A-52, ao seu paso pola provincia de Zamora
O tráfico desvíase de xeito provisional pola N-5215 á altura do concello ourensán da Mezquita
O camión incendiado xa foi retirado contra as 21 horas pero o tráfico aínda non está aberto no lugar onde traballan na limpeza os operarios
O incendio dun camión que provocou o corte da circulación desde as 05:30 horas deste domingo dun treito da autovía das Rías Baixas (A-52), entre as provincias de Zamora e Ourense, derivou esta tarde en retencións de tráfico tanto nesta vía coma na N-525, na saída de Galicia por Ourense.
Segundo informou o servizo de emerxencias de Galicia-112, están a coordinar coas agrupacións de Protección Civil e do Concello da Mezquita o envío de abastecemento aos afectados O corte da autovía produciuse esta mañá en ambos os sentidos da circulación e establecéronse desvíos alternativos a través da estrada nacional 525 entre os quilómetros 107 e 117 desa autovía, entre as saídas de Lubián, en Zamora, e A Vilavella, na Mezquita, en Ourense, segundo fontes da Subdelegación do Goberno en Zamora e de Tráfico.
O vehículo articulado argado con chocolate incendiouse á altura do quilómetro 107 da A-52 no termo municipal de Lubián, nun tramo que se atopa en obras e no que estaban activadas as portas antiatasco, de forma que a circulación en ambos os sentidos realizábase polos carrís dun deles.
Mentres dura a limpeza e os traballos de conservación dsa A-52, instalouse sinalización provisional para advertir do desío e distintas patrullas da Garda Civil regulan o tráfico na zona ata que se poida reabrir para a circulación.
As altas temperaturas da xornada fixeron que o incensio se reactivara a primeira hora da tarde no camión, polo que a estrada permanece cortada nos dous sentidos e prodúcense retencións de varios quilómetros que chegan ata a Mezquita.
#AXEGAInforma que, debido a este incendio en #Zamora, hai retencións tanto na A52 como na N525, na saída de Galicia por Ourense.
— 112Galicia (@112Galicia) August 27, 2023
Estamos a coordinar, xunto coas agrupacións de Protección Civil e o Concello da Mezquita, o envío de abastecemento ás persoas afectadas https://t.co/F76gWZz3x6