Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reabre ao tráfico a A-52 tras unha xornada de caos na entrada e saída de Galicia por Ourense polo incendio dun camión

Reabre ao tráfico a A-52 tras unha xornada de caos na entrada e saída de Galicia por Ourense polo incendio dun camión

As retencións quilométricas entre A Mezquita e Lubián, con condutores atrapados durante máis de tres horas, desapareceron aos poucos

A autovía das Rías Baixas permaneceu cortada desde pouco antes das sete da mañá deste domingo polo incendio dun camión que transportaba chocolate 

 

Imaxes das cámaras da DXT na Vilavella na A-52 esta noite co treito aberto ao tráfico Imaxes das cámaras da DXT na Vilavella na A-52 esta noite co treito aberto ao tráfico
G24.gal 27/08/2023 22:38 Última actualización 27/08/2023 22:59

Pouco despois das dez da noite e tras unha xornada de intensos traballos dos operarios reabriuse ao tráfico o treito da autovía das Rías Baixas, A-52, entre Lubián en Zamora e Vilavella en Ourense.

Nestes primeiros momentos habilitouse xa un carril de circulación que está a permitir liberar a intensa circulación en plena operación retorno de agosto.

O incendio dun camión case no límite coa provincia de Ourense obrigou a cortar a estrada e habilitar un desvío pola estrada N-525. O camión ardeu por motivos que se descoñecen cando ía cara a Benavente. 

A Garda Civil de Zamora activou o corte da circulación que arrincaba no quilómetro 120, no concello ourensán da Mezquita. Desde aí na saída de Vilavella, os vehículos que saían de Galicia tiñan que desviarse pola N-525, onde se orixinaron tamén retencións.

O corte afectoulles aos dous sentidos de circulación durante toda a xornada do domingo.

Retencións nas imaxes das cámaras da DXT na Vilavella na A-52 na tarde do domingo Retencións nas imaxes das cámaras da DXT na Vilavella na A-52 na tarde do domingo

Máis medidas

A Garda Civil desprazou ata o lugar varias patrullas para regular e desviar o tráfico. Tamén activou durante o domingo os paneis informativos a distintas distancias para informar aos condutores do que sucedía.

Os operarios de mantemento de estradas sinalizaron o lugar para intentar paliar as consecuencias. Pero moitos condutores quedaron atrapados durante máis de tres horas de atasco. Membros de Protección Civil mesmo lle facilitaron bebidas aos vehículos retidos.

Tras extinguir o incendio o camión articulado que cargaba chocolate puido ser retirado a última hora da tarde do domingo por un guindastre o que acelerou os traballos de limpeza da estrada. Agora aos poucos xa se recupera a normalidade na circulación.

A Garda Civil corta a A-52 en Lubñian tras o incendio do camión A Garda Civil corta a A-52 en Lubñian tras o incendio do camión
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade