Administración e empresas prepáranse para adaptarse á nova reforma laboral
Administración e empresas prepáranse para adaptarse á nova reforma laboral
Suprímense os contratos por obra, que pasan a ser indefinidos
As empresas e as administracións prepáranse para adaptarse á nova reforma laboral, que suprime os contratos por obra. Son moitos os sectores afectados.
As empresas comezan a botar contas e avalían as consecuencias da nova reforma laboral. A conta atrás para a supresión dos contratos por obra xa comezou e as asesorías reciben un aluvión de chamadas sobre como vai repercutir nos seus cadros de persoal.
Os sectores onde os contratos por obra son a modalidade habitual son os máis afectados. Na construción, 280.000 traballadores converteranse en fixos coa nova reforma laboral. A empresa terá a obriga de indemnizalos cando non se poidan recolocar noutra obra.
As obras dos concellos poderían verse afectadas polas dificultades das administracións para contratar persoal ao prescindir dos temporais.
A reforma tamén afecta os centros de investigación, nas universidades galegas hai catro mil investigadores que quedan nunha situación comprometida. Os reitores traballan na busca de solucións.