Advirten dos efectos do ruído para a saúde no Día Mundial da Audición
Advirten dos efectos do ruído para a saúde no Día Mundial da Audición
Case a metade das persoas en zonas urbanas cren que o ruído condiciona a súa saúde
Os expertos recomendan revisións, moderar o volume e limitar a exposición ós ruídos
Case a metade das persoas que viven en zonas urbanas cren que o ruído condiciona a súa saúde, e por iso a OMS insiste na importancia de controlalo. Neste Día Mundial da Audición os expertos advirten dos problemas da perda auditiva.
Efectos físicos e tamén psicolóxicos moi importantes. Pero os problemas non veñen só do ruído ambiente das zonas urbanas. Tamén, por exemplo, dos excesos que cometemos cos nosos dispositivos musicais.
Pois os expertos recomendan un volume que non supere o 60 por cento. Outros consellos son usar tapóns, limitar o tempo en espazos ou actividades ruidosas ou facer revisións periódicas para comprobar que non hai perda de audición.