Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Betanzos denuncian os ruídos nocturnos nunha rúa

Veciños de Betanzos denuncian os ruídos nocturnos nunha rúa

Din que os locais incumpren a normativa porque non teñen limitadores de son

Aseguran que levan anos co problema e que o Concello non resolve a situación

Na rúa Rosalía de Castro de Betanzos hai máis dunha ducia de pancartas
G24.gal 08/08/2024 14:23

A rúa Rosalía de Castro de Betanzos vai camiño de converterse no muro das lamentacións. As pregarias dos veciños son relativas ao descanso e non se dirixen a Deus, senón aos hostaleiros.  

"Están incumprindo a normativa porque ningún dos locais ten limitadores de son", di Amelia Naya, presidenta da Asociación de Veciños Rosalía de Castro.

En 80 metros de rúa hai catro pubs e unha discoteca. Para uns, diversión asegurada. Para outros, ruído e falta de descanso garantida.

"Nunha ocasión viu a Policía Local e recoñeceron que as vigas vibraban. E son un terceiro...", comenta unha veciña.

Os veciños reclaman o seu dereito ao descanso. Queren que sexa compatible poder durmir co traballo dos empresarios de ocio nocturno. Para iso, o Concello debe comprobar se os locais están ben insonorizados e teñen medidores de son.

"Sempre nos poñen escusas e non fan nada. Imos seguir coa nosa loita denunciando nos xulgados", avisan.

O Concello di que reforzaron a vixilancia e a limpeza na zona e que hai un proxecto de mellora pendente de licitarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade