Cargando resultados...
Adxudicado o derrubamento da torre do Garañón en Lugo
Adxudicado o derrubamento da torre do Garañón en Lugo
G24.gal
27/12/2022 20:36
Última actualización 27/12/2022 20:55
Xa hai prazo para derrubar a coñecida como torre do Garañón de Lugo. Nun máximo de catro meses haberá que botar abaixo este edificio sen rematar que dende 2009 estivo envolto en diferentes procesos xudiciais.
Dende a súa adxudicación ata a licenza e o proxecto de obra foron tumbados pola xustiza que, finalmente, ordenou o seu derrubamento. O concello terá que pagar medio millón de euros por derrubalo e o promotor do edificio reclama máis de vinte millóns polas perdas causadas.