Publicador de contidos
Publicador de contidos

Afluencia masiva ás pistas de esquí no primeiro día da temporada

Afluencia masiva ás pistas de esquí no primeiro día da temporada

Estacións cheas e hoteis concorridos no Principado de Asturias e nos Pireneos

G24.gal 22/01/2023 20:47 Última actualización 22/01/2023 21:18

As previsións meteorolóxicas que apuntan a neve e frío son ben recibidas para o turismo de neve. 

"Por fin a temporada esperada despois de moitos meses que nos tiveron ansiosos e... nada, inaugurando este teleférico que nos puxeron aquí, estamos felices, radiantes".

Tras semanas de incerteza pola falta de neve debido ás altas temperaturas, máis de 3.000 persoas gozaron da primeira xornada de esquí nas dúas estacións invernais do Principado de Asturias. O bo tempo permitiu abrir a maioría das pistas.

"Está moi ben, tendo en conta o que choveu, temos todo aberto", explica o director da estación de Pajares.

Afluencia masiva tamén nas estacións do Pireneo aragonés. En Formigal nevou durante dous días seguidos, e nas zonas máis altas a neve chegou case aos dous metros de espesor. Os hoteis están cheos e algúns xa teñen reservas para os dous próximos meses.

"Moi ben con esta neve acabada de caer e hai mais pistas abertas do normal".

"Viñemos onte de Madrid e moi ben, frío pero a neve, perfecta".

"Viñemos de Pamplona e estamos gozando, con frío pero con ganas, que xa tocaba neve".

Os fortes refachos de vento obrigaron a pechar o sector de Panticosa e outras seis estacións. Ao redor dunha decena aínda non abriron a temporada pero a maioría están abertas, o que converteu este domingo nunha boa xornada para as persoas afeccionadas ao esquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade