Publicador de contidos
Publicador de contidos

Afundación pon en marcha o programa 'Pedalear e conversar' para loitar contra a soidade dos maiores

Afundación pon en marcha o programa 'Pedalear e conversar' para loitar contra a soidade dos maiores

Os participantes poden percorrer, nun triciclo eléctrico especialmente adaptado, as paisaxes e os lugares que tiveron que deixar de frecuentar coa chegada da vellez

G24.gal 07/04/2022 13:58

Carmen e Paloma, socias da Afundación, ofrecéronse voluntarias para probar o programa de acompañamento de maiores ao aire libre. Nunha especie de triciclos eléctricos, e acompañadas dos voluntarios, percorreron os recantos da cidade e da memoria 

"Cando pasamos pola parte do peirao onde os emigrantes marchaban para América eu díxenllo ao mozo e sorprendeulle. Eu non teño cen anos, pero vivino:  masas de xente despedindo os seus familiares".
 

O programa 'Pedalear e conversar' está baseado na comunicación interxeracional cos voluntarios que propulsan o triciclo e conversan cos maiores.

"Xorde na necesidade de establecer unha panca para persas vulnerables e con problemas de mobilidade, pero tamén para persoas que estan vulnerables emocionalmente e teñen problemas de soidade, explica Ramón Otero Espinar, director xerente de Afundación.

 

Este xoves Afundación abre a convocatoria para participar neste programa baseado na experiencia 'En bici sen idade', que naceu en Dinamarca e xa está activa en 47 países.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade