Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agardan unha das mellores colleitas en canto a calidade na Ribeira Sacra

Agardan unha das mellores colleitas en canto a calidade na Ribeira Sacra

O tempo axudou a que as pragas de fungos e insectos non apareceran

Tamén axudou a poda en verde para que os acios estean máis sans

Andrés Pavón/Jorge Pereira 08/08/2024 20:35 Última actualización 08/08/2024 20:50

Agás pola chuvia de xuño, o tempo axudou este ano na Ribeira Sacra, non houbo pedrazo nin grandes oscilacións de temperatura ou excesos de humidade e as pragas de fungos ou insectos apenas apareceron. Así, todo apunta a que en setembro haberá unha colleita do máis san.

"Salvo pola auga en xuño, que trouxo algo de mildio, controlouse ben o das pragas", di Óscar González, da Adega Condado de Sequeiras.

"Parece que houbo algún gromo de oídio hai días pero non foi a máis", conta Héctor Ferreiro, da Adega Castrofiz.

Este ano fixéronse cortas de acios en verde para reducir a cantidade de uva e aumentar a calidade dos viños, nun momento tamén de dificultades nos mercados. A vendima vai vir máis atrasada ca nos últimos anos e non se agarda chegar os 6 millóns de quilos.

"Se cadra hai que aproveitar este ano para afondar nas podas en verde para potenciar a calidade", comenta Héctor Ferreiro, da Adega Castrofiz.

"Na Ribeira Sacra temos que apostar pola calidade e non pola cantidade", manifesta Óscar González, da Adega Consado de Sequeiras.

Agora só queda agardar que o tempo acompañe e que raposos e xabarís non danen as videiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade