Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agárdase unha tarde fría e desapracible para as cabalgatas de Reis

Agárdase unha tarde fría e desapracible para as cabalgatas de Reis

As súas maxestades desfilarán baixo chuvascos, sobre todo na Coruña e Lugo

Poderían caer folerpas de neve nas vilas por riba dos 800 metros

G24.gal 04/01/2024 14:45

Os Reis Magos chegaban onte á Coruña despois dunha longa viaxe desde o cálido Oriente. Agora, mentres len todas as cartas, pregúntanse que tempo terán mañá para desfilar por Galicia.

"Sobre todo nas provincias da Coruña e Lugo hai mais posibilidade de que caian chuvascos e de que sexan máis fortes. Nas provincias de Ourense e Pontevedra tamén pode haber chuvia intermitente, pero máis espazada no tempo", explica a meteoróloga María Souto.

Carroza con capota para a chuvia e dobre manto de armiño, porque vai ser unha tarde fría, sobre todo nas montañas de Lugo e Ourense. 

"Haberá vilas por riba de 800 metros nas que poderían caer folerpas de neve nas carrozas", engade María Souto.

Vaia o tempo que vaia, as súas maxestades terán un público entregado e incondicional...

"Nós imos, non temos medo da chuvia, somos de aquí", din polas rúas de Santiago.

Mesmo hai quen lle ve a vantaxe a iso de levar paraugas á cabalgata....

"Para coller caramelos, daslle a volta e colles máis. Sempre sen molestar os demais, claro", din na rúa.

Xa ven que non hai mal tempo que logre restar ilusión á tarde máis máxica do ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade