Padrón agarda chegar aos case 200.000 visitantes entre a Semana Santa e a Pascua
Padrón agarda chegar aos case 200.000 visitantes entre a Semana Santa e a Pascua
A vila celebra ininterrompidamente desde hai catro séculos a feira cabalar, orixe das festas da Pascua
Chegou a Semana Santa, e sen rematar esta Padrón comezou sen tregua a súa Pascua. A vila non para desde hai semanas entre festas relixiosas, gastronómicas e lúdicas e roza estes días os douscentos mil visitantes, para gozo da hostalería, que entre a meteoroloxía e a ocupación di que é unha Pascua marabillosa.
Día grande local, con ambiente máis familiar, das pascueiras e pascueiros de seu, arredor dunha tapa de polbo ao mesmo prezo do ano pasado: 12 euros a ración.
Outra tradición manda que madriñas e padriños agasallen os afillados o vindeiro domingo de pascuíña pero algúns xa se adiantaron e nas pastelerías din que non deron abasto coas encargas e a venda de roscóns, monas de Pascua e ovos.
Este luns foi o Día de Santiago, xustamente o concello que lle quixo roubar sen éxito a feira cabalar, orixe desta festa, aló polo século XVII, vista a sona e os cartos que deixaba en Padrón. Tras séculos de historia ininterrompida, os cabalos foron a menos e as atraccións e verbenas a máis.
Os visitantes quéixanse dos prezos das atraccións, pero non da gratuidade dos concertos como o desta noite, a cargo da Orquestra Panorama.