Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agresores, vítimas e espectadores: as tres patas do acoso nas aulas

Agresores, vítimas e espectadores: as tres patas do acoso nas aulas

O programa TEI de convivencia leva 20 anos funcionando

O alumnado maior asume a titoría dos máis pequenos

O acoso nas aulas combatido polos propios compañeiros do agresor e da vítima
G24.gal 08/05/2022 13:31 Última actualización 08/05/2022 13:55

Esta fin de semana profesionais da psicoloxía e a da educación analizaron en Sada a convivencia nos centros de ensino dentro do programa TEI de prevención da violencia e o acoso escolar. Neste programa, que leva xa 20 anos en funcionamento, os cativos titorízanse entre si. 

Cando escoitamos a palabra titor ou titora nun centro de ensino inmediatamente pensamos nun docente como responsable do alumnado. Pero no programa TEI, hai outros titores, tan só dous anos maiores ca os titorizados.

"Esa asignación faise de xeito que aqueles alumnos que teñen máis competencias socioemocionais van titorizar aqueles que teñen máis necesidades deste tipo", explica Mª dos Ánxeles Gómez, coordinadora do programa.

Desde os tres anos, os cativos terán un de cinco que os acompañe e os axude. O programa está enfocado a garantir a boa convivencia nos centros e evitar as situacións de acoso escolar onde sempre hai tres axentes implicados.

"Por un lado, está o agresor ou agresores. Por outro, está a vítima e despois os que son decisivos son os espectadores. O que dicimos é que os nenos cando fan un maltrato saben que fan dano, pero non saben a cantidade de dano que fan. Entón no desenvolvemento do programa sensibilizamos a todos de cales son as consecuencias dese maltrato físico, verbal ou da exclusión. Así eles van tomando conciencia de que o que fan fai dano e, a partir dese momento, o que os nenos perciben é que o fan por xustiza, non son 'chivatos'. Fano porque o teñen que facer, porque é xustiza", asegura.

Despois de 20 anos de programa os resultados din que darlles a responsabilidade aos rapaces non só mellora o comportamento, tamén o seu rendemento escolar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade