Publicador de contidos
Publicador de contidos

A igualdade plena entre mulleres e homes terá que esperar 24 anos en España

A igualdade plena entre mulleres e homes terá que esperar 24 anos en España

A igualdade de xénero educativa está detida desde 2011 e a laboral, desde 2013

Só medra a igualdade no poder decisorio do ámbito político-administrativo

Son datos dun estudo elaborado por varias universidades de España

G24.gal 07/03/2022 17:16

A igualdade de xénero progresou en España nas últimas dúas décadas, pero a previsión di que tardaremos vinte e catro anos en acadar a plena igualdade entre homes e mulleres co actual ritmo, segundo un estudo da Universidade de Sevilla e a Pablo de Olavide (UPO).

A investigación salienta a redución da brecha salarial entre homes e mulleres para acceder á educación, ao traballo e os postos de decisión, aínda que alerta da súa frada.

Os expertos elaboraron este estudo a partir dunha estimación anual, desde o ano 2000 ata o 2020, tendo en conta o Índice Europeo de Igualdade de Xénero composto por dezaoito indicadores de tres ámbitos diferentes: o acceso á educación, a integración no mercado de traballo e a participación na toma de decisións.

A igualdade de xénero educativa está detida desde 2011, mentres a igualdade de xénero laboral está paralizada desde 2013. 

Só segue crecendo o proceso de igualación no poder decisorio, con altas cotas de igualdade no ámbito político-administrativo, se ben alerta dun evidente atraso na asunción por parte das mulleres de responsabilidades xerenciais nas empresas privadas.

As mulleres nas cooperativas galegas

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, salientou que o 50,79 por cento das persoas promotoras de novas cooperativas en 2021 de Galicia foron mulleres, varios puntos máis que en 2019, cando esta cifra era do 37,7 por cento.

En dous anos hai máis mulleres que homes como novos cooperativistas, un dato moi positivo nunha comunidade como a galega.

O día 8 de marzo será unha nova xornada reivindicativa para tomar conciencia de que os avances e conquistas sociais no eido da igualdade non están garantidos, e queda moito camiño por percorrer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade