Aínda quedan prazas vacantes na formación profesional
Aínda quedan prazas vacantes na formación profesional
O prazo de matrícula está aberto ata o venres
O curso escolar empezou o día 11 pero a matrícula segue aberta ata o 22 para quen queira apuntarse nalgunha das prazas vacantes de formación profesional.
"Hai vacantes en ciclos, hai vacantes en dual e tamén nos cursos de especialización. Polo tanto, as persoas con interese en matricularse aínda teñen a oportunidade de facelo", recorda a directora xeral de FP.
Eugenia Pérez subliña que xamais houbo unha oferta maior de formación profesional e que só para os primeiros cursos dispuxeron máis de 42.000 prazas. Destaca tamén o incremento da FP dual e dos cursos de especialización, que este ano se abren a máis perfís.
"A calquera titulado de formación profesional, pero tamén a persoas dos graos universitarios, aos titulados universitarios, e a persoas que estean nos sectores profesionais, que poderían realizar esta formación", puntualiza.
A directora xeral de Formación Profesional destaca a actualización das especialidades.
"Poden especializarse en ámbitos moi novidosos, como a intelixencia artificial, a robótica, os vehículos híbridos ...", apunta.