Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alarma pola proliferación de ratas na zona vella de Ourense

Alarma pola proliferación de ratas na zona vella de Ourense

Gabean polas paredes e obrigan os veciños a pecharen portas e ventás

Habitan nun edificio abandonado e aliméntanse nos colectores do lixo

G24.gal 26/04/2023 13:32

Na rúa Pizarro de Ourense apenas quedan veciños humanos. Foron marchando, sobre todo polos ruídos do ambiente nocturno e agora, tamén, polas ratas, que gabean polas paredes das vivendas e que os obrigan a pechar portas e ventás para que non se lles metan nas casas.

"Teño vídeos das ratas trepando polo muro de pedra. Soben, baixan...". "O outro día escapoume o can, fomos ver que era, e unha rata así de grande, máis grande que o micrófono voso", comentan dous veciños.

Situada na zona histórica, a escasos metros da catedral e dos viños, trátase dunha rúa bastante transitada na que mesmo hai pisos turísticos.

"Os turistas xa se pasan a velas, é un divertimento. Uns pasan correndo, berran... a outros failles gracia". "Pasan dun lado a outro da rúa sen pudor ningún, como animais de compañía. Pódeste achegar a elas. Están aí nos colectores, soben pola casa arriba...", din outros dous veciños.

Desratización

A propietaria dun edificio desta rúa reclámalle ao Concello máis de 140.000 euros pola fuxida de inquilinos que atribúe á proliferación das ratas. En xeral, hostaleiros e veciños demandan unha campaña de desratización en toda a zona histórica.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade