Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alberto Rodríguez pide a restitución inmediata da súa acta de deputado

Alberto Rodríguez pide a restitución inmediata da súa acta de deputado

O Tribunal Supremo comunicoulle que a condena por inhabilitación rematara o pasado 5 de decembro

G24.gal 29/12/2021 11:34

O exdirixente de Podemos Alberto Rodríguez pediulle á presidenta do Congreso dos Deputados que lle restitúa a acta "subtraída que actualmente ninguén ocupa" porque xa rematou a súa condena de inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo. 

Meritxel Batet retiráralle a acta despois de que o condenaran por agredir un policía nunha manifestación cando aínda non era deputado. Rodríguez informou de que o Tribunal Supremo lle comunicara a fin da súa condena o 5 de decembro polo que este mércores pediu a restitución inmediata do seu escano. Á vez, criticou a demora da notificación polo Supremo. 

"Para poder continuar exercendo as tarefas propias tras ser elixido por máis de 64.000 canarios e canarias", di Rodríguez.

O exsecretario de Organización de Podemos insistiu en que foi unha condena inxusta e sostén que non existe norma legal ou constitucional que habilite a Batet para privalo do seu cargo de deputado electo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade