Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcoa asegura que hai seis posibles compradores para a planta de San Cibrao

Alcoa asegura que hai seis posibles compradores para a planta de San Cibrao

A alumineira pide máis tempo, e non será ata xullo cando se presenten as ofertas non vinculantes

Goberno e Xunta comprométense a estudar a viabilidade dos interesados

G24.gal 12/06/2024 14:20

A reunión de seguimento sobre o proceso de venda da fábrica de Alcoa en San Cibrao tiña lugar este mércores. Remataba o prazo para presentar oficialmente as ofertas de compra, pero Alcoa pide máis tempo e non será ata xullo cando coñeceremos os interesados.

Alcoa di que hai seis posibles compradores que proximamente visitarán a fábrica. Goberno e Xunta comprométense a estudar a súa viabilidade. Na reunión volveuse pór de manifesto a necesidade de que a enerxía teña un prezo máis competitivo.  

"Modificar o estatuto das electrointensivas e sobre todo destinar a totalidade das subvencións a estas empresas como fan Francia e Alemaña, agora mesmo poderían estar destinándose 860 millóns de euros as electrointensivas e a decisión do Goberno foi que só se destinasen 300 millóns", explica a conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade