Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcoa exporá unha modificación do acordo de viabilidade e tentea unha posible venda

Alcoa exporá unha modificación do acordo de viabilidade e tentea unha posible venda

A empresa tratará “proximamente” de adoptar unha serie de medidas co obxectivo de frear “inmediatamente o fluxo de caixa negativo”

G24.gal 19/03/2024 13:00

Alcoa “continúa traballando” para atopar “unha solución” a “longo prazo” ante o “importante desafío financeiro” ao que se enfrontan “as operacións” do complexo industrial de San Cibrao, para o que exporá unha modificación do acordo de viabilidade ao comité de empresa, segundo informou a propia multinacional nun comunicado.

Ao mesmo tempo, a compañía afirma que “está a iniciar contactos con potenciais compradores fiables que puidesen ter interese en adquirir as operacións”. En todo caso, aclara que “isto non significa que se vaia realizar unha venda, xa que calquera potencial transacción debe abordar adecuadamente cuestiones clave para os nosos empregados e para Alcoa”. “Este paso é simplemente un esforzo por identificar partes interesadas coas que merece a pena ter un diálogo máis profundo”, engade. “Aínda que algunhas condicións económicas melloraron no curto prazo, a operación da planta segue sen ser viable. Prevese que as operacións continúen con perdas significativas en 2024 e 2025 e a empresa non ten os fondos suficientes para soster estas perdas”, engade Alcoa.

A empresa tratará “proximamente” de adoptar unha serie de medidas co obxectivo de frear “inmediatamente o fluxo de caixa negativo”, con accións que dependen da propia compañía para “mellorar os resultados das operacións”, pero tamén con outras que terá que acordar “co comité de empresa”. Anuncia que exporá “unha modificación do Acordo de Viabilidade da Planta de Aluminio, relativas a atrasos nos investimentos, flexibilidade para completar o reinicio de cubas por encima das 32 que se están arrincando na actualidade, e o acceso ao depósito de garantía do acordo se fose necesario”.

“A compañía está a tratar de aliviar a situación”, pero mentres se decide a “mellor maneira de proceder”, precisa que “estas accións para reducir perdas exponse fundamentais para dar tempo a que se materialice calquera posible solución a longo prazo”. Alcoa informa de que "compartirá máis detalles sobre eses aspectos na próxima comisión de seguimento do acordo de viabilidade o 4 de abril, e está en contacto co Goberno de España sobre o apoio que pode ofrecer en todo o anterior".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade