Alcohólicos Anónimos conmemora 30 anos de traballo en Ourense
Alcohólicos Anónimos conmemora 30 anos de traballo en Ourense
O alcoholismo causa anualmente 20.000 mortes en España
Unha de cada dez persoas pode acabar sendo alcohólica, segundo a OMS
Juan é un dos membros de Alcohólicos Anónimos en Ourense. O grupo leva tres décadas axudando a quen padece alcoholismo e organizando actividades de prevención dunha recaída que sempre é posible. Cren que o meirande logro é que o alcoholismo estea recoñecido como unha enfermidade pero lamentan que aínda estea estigmatizado.
Charlas de especialistas, apoio psicolóxico, testemuños de enfermos ou un teléfono de garda de apoio aos doentes... as actividades de Alcohólicos Anónimos son amplas e continuadas durante o ano. Pero cren que a vergoña e o medo impiden a moitas persoas dar o paso para facer fronte a unha doenza que mata 20.000 persoas cada ano en España.
Alcohólicos Anónimos de Ourense desenvolve a súa actividade no barrio das Lagoas, onde calquera doente é ben recibido e auxiliado.