Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alegría polos premios da lotaría e ilusión renovada nas administracións agraciadas

Alegría polos premios da lotaría e ilusión renovada nas administracións agraciadas

A Coruña, O Grove e Riotorto foron algunhas das localidades tocadas pola fortuna

G24.gal 23/12/2023 20:58 Última actualización 23/12/2023 21:29

O sorteo da lotaría do Nadal trouxo unha chuvia de millóns a Galicia con varios premios que estiveron moi repartidos. A Coruña, O Grove e a pequena localidade luguesa de Riotorto foron algúns dos lugares salpicados pola fortuna. 

Na administración Filón de Ouro, a número 7 da Coruña, notaron o efecto chamada do premio desde que abriron. Venderon 1.300 décimos do segundo premio, case todos a unha protectora de animais e á asociación de amas de casa da cidade. En total repartiron 162 millóns de euros. 

No Grove, o mesmo número, o 58.303, deixou 56 millóns. A administración número 1 repartiu 450 décimos, case todo en plena temporada turística.

Aínda que o groso do premio voou cara a outras localidades da xeografía española, a felicidade é absoluta na Centola Dourada, que ademais vendeu un décimo dun quinto premio, o mesmo que en Riotorto, deixou once millóns de euros moi repartidos entre os seus pouco máis de 1.000 habitantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar