Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esta tarde actívase o aviso amarelo por mar de vento no litoral da Coruña

Esta tarde actívase o aviso amarelo por mar de vento no litoral da Coruña

Nas montañas de Lugo e de Ourense as nevaradas van continuar a partir dos 900 metros

G24.gal 30/03/2024 20:27 Última actualización 31/03/2024 08:47

O día volveu amenceu con neve no Cebreiro, e así vai continuar nas próximas horas. Os coches chegaron a acumular unha capa de trinta centímetros. O tempo invernal na primavera converteuse nun atractivo turístico esta Semana Santa.

"Esta neve tardía beneficiounos moito que coincidira coa Semana Santa, cos festivos. Ademais non pensabamos que fora caer tanta cantidade", asegura a encargada dunha tenda no Cebreiro.

A cota de neve comezou descender esta noite, con nevaradas por debaixo dos mil metros nas montañas de Lugo e de Ourense. Pero o tempo desapracible, en forma de neve ou de chuvascos, non arreda as persoas que aproveitan estas vacacións para facer o Camiño

Despois dunha xornada sen avisos, este tarde vaise activar o amarelo na costa da Morte e no litoral nordeste da Coruña por mar de vento con intervalos de forza 7.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade