Alerta máxima con risco para a vida no Reino Unido, con temperaturas récord de 40 graos
Esta alerta emitida por primeira vez na historia polo Mett Office implica risco para a vida
Os hospitais británicos están previdos ante un aumento nos ingresos

A consecuencia da vaga de calor que sofre Europa provocou que o Reino Unido declarase emerxencia nacional por calor extrema. Para hoxe e para mañá prevense máximas récord de 40 graos.
Esta alerta emitida por primeira vez na historia polo Mett Office implica risco para a vida. A área afectada: Londres, Manchester e York.
As autoridades pídenlle á toda a poboación que mude estes días hábitos e horarios de traballo, evite exposicións ao sol e se manteña constantemente hidratada.
Os hospitais británicos están previdos ante un aumento nos ingresos. As compañías ferroviarias prepararon horarios novos e nas estradas comezouse a estender area para evitar que o asfalto se derreta.