Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta por vento, chuvia e forte ondada en Galicia

Alerta por vento, chuvia e forte ondada en Galicia

Viveiro tivo refachos de 140 quilómetros por hora contra as once desta mañá

G24.gal 16/11/2022 14:12

Na costa galega mantense activada a alerta por risco importante de ondas que poderían superar os sete metros de altura.

En terra, o aviso de alerta é amarelo por chuvias para o sueste da Coruña e a provincia de Pontevedra, onde poderían caer ata 40 litros por metro cadrado.

A media mañá nalgunhas localidades como Boiro ou Poio xa superaban esa cantidade e en Lousame recolléronse máis de 35 litros por metro cadrado acumulados en 12 horas.

"Comezou a chover, leva desde onte, pero levámolo ben e estamos acostumados cando chove".

"Pois xa o están vendo, mira, hoxe saes duchada da casa e parece que na rúa dúchaste máis".

"Mire, o mal tempo no seu tempo, non é mal tempo que é bo tempo".

Na Mariña luguesa, mantense activada a alerta amarela por vento forte, con refachos que poderían superar os cen quilómetros por hora.

"Estamos perdendo o costume deste tempo de aire, de choiva, de frío. Pero estamos en tempo de que toque. A partir de agora deberían ser xa así todos os días durante unha temporada".

Dez minutos antes da once da mañá, en Viveiro un deses fortes refachos deixou unha marca de 140 quilómetros por hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade