Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta sanitaria ao detectar amorodos con hepatite A procedentes de Marrocos

Alerta sanitaria ao detectar amorodos con hepatite A procedentes de Marrocos

Non se comercializaron, pero os agricultores están preocupados e piden máis controis

G24.gal 06/03/2024 14:28

A alerta emitiuna un portal europeo tras un control fronteirizo no porto de Alxeciras. É un aviso sanitario por amorodos con hepatite A procedentes de Marrocos. Di que superan os parámetros permitidos e supoñen un risco de contaxio serio.

Non se comercializaron pero que a froita chegara a España, preocupa os agricultores, que seguen coas protestas. "Máis control, moito máis vigoroso, de entrada de produtos de terceiros países como pode ser Marrocos, O Senegal ou de América do Sur, non? Isto, o primeiro. Segundo, poder competir coas mesmas condicións. Que se prohiba comercializar produtos en que usaron fitosanitarios prohibidos aquí".

Está por determinar se a hepatite puido aparecer pola rega con augas fecais. Manuel Viso, médico divulgador científico, di que "se non hai un bo saneamento das augas que se empregan para o regadío dos alimentos se poden contaminar. Aquelas froitas que teñen superficies máis irregulares o que fai é que as bacterias e os virus quedan acartonados aí por iso o lavado ten que ser moito máis insistente".

Os expertos din que non é doado eliminar o virus por completo co lavado da froita. Pero si identificar un posible contaxio.

"Con febre, moito cansazo, dor muscular. Pero sobre todo o que adoita distinguir é que os pacientes teñen os ouriños como máis cargados e mesmo ás veces se pode producir unha ictericia, unha coloración amarelenta da pel e dos ollos", di o doutor Viso.

Os agricultores urxen medidas e instan o ministro Planas a que pida explicacións a Marrocos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade