Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta tras a morte dun veciño de Bergondo por consumo do tubérculo nabo do diaño

Alerta tras a morte dun veciño de Bergondo por consumo do tubérculo nabo do diaño

Segundo confirmou a alcaldesa de Bergondo, a alerta xa foi trasladada e comunicada á veciñanza, en cumprimento da petición do xulgado número 2 de Betanzos

O xulgado concluíu que a morte se debeu á inxestión dunha variante do coñecido como nabo do diaño

G24.gal 09/05/2022 21:21 Última actualización 10/05/2022 15:02

O concello de Bergondo lanzou este luns unha alerta á veciñanza para que non coman un tubérculo silvestre que lle provocou a morte a un veciño.

Segundo confirmou a alcaldesa de Bergondo, a alerta xa foi trasladada e comunicada á veciñanza en cumprimento da petición do xulgado número 2 de Betanzos, que estaba a investigar o falecemento dun veciño da parroquia de Guísamo ocorrido o pasado mes de decembro.

O xulgado concluíu que a morte se debeu á inxestión dunha variante do coñecido como nabo do diaño, o Orenanthe Spp, do que se atoparon restos na casa do home. É un tubérculo dunha planta silvestre velenosa que se podería confundir con algún tipo de nabo e de aí a alerta. Pídeselle á veciñanza que extreme as precaucións e non consuma esta planta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade