Alertan de posibles fraudes en nome do concello de Oia
Alertan de posibles fraudes en nome do concello de Oia
O Concello da Oia alerta de posibles chamadas fraudulentas relacionadas con recibos da luz, trámites bancarios ou sanitarios
A Administración local pídelles aos veciños que non faciliten a entrada de ninguén nos seus domicilios
Os veciños de Oia están en alerta. Nos últimos días algúns recibiron nas súas casas a visita de persoas que lles ofrecían supostas rebaixas na factura da luz asegurando que representaban o Concello.
Visitas ou chamadas telefónicas coas que parecían querer conseguir datos persoais dos veciños, supostamente para estafalos.
A Administración local tamén advertiu doutras chamadas fraudulentas relacionadas con trámites bancarios ou sanitarios.
Dende o Concello piden aos veciños que extremen as precaucións e que non faciliten a entrada de ninguén nos seus domicilios.