Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alertan de que se está a vender como galego aceite de fóra

Alertan de que se está a vender como galego aceite de fóra

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia denuncian que xogan coa etiquetaxe para enganar o consumidor

G24.gal 01/06/2023 14:13

Das oliveiras que atopamos en distintas comarcas de Galicia sae un aceite único.

Alfonso Rodríguez, presidente da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, subliña que tanto as variedades autóctonas como as foráneas que se cultiva aquí adquiren unhas características organolépticas, grazas ao noso clima e o noso solo, que dan un valor diferente e recoñecido por iso o queremos blindar.

O recoñecemento que ten a calidade do aceite galego fai que algunhas empresas, segundo denuncia dende asociación de produtores, intenten aproveitarse enganando ao consumidor.

Julio Quiroga, produtor de aceite galego, afirma que xogan coa etiquetaxe facendo pasar como galego aceite que moitas veces está ata envasado fóra.

Para loitar contra isto, dende a asociación, que agrupa uns 140 produtores, puxeron en marcha un selo de calidade propio que garante o aceite con olivas galegas e procesado en almazaras galegas.

Na ultima colleita, escasa polas temperaturas extremas, emitíronse preto de 20.000 selos. O obxectivo, din, é acadar no futuro unha denominación de orixe que protexa o aceite galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade