Publicador de contidos
Publicador de contidos

Requisan seis millóns de falsificacións en Madrid, a maioría, en camisetas de fútbol

Requisan seis millóns de falsificacións en Madrid, a maioría, en camisetas de fútbol

Operación da Garda Civil e Axencia tributaria contra as falsificacións
G24.gal 13/07/2024 13:36

Axentes da Garda Civil e de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria interviñeron máis de seis millóns de produtos de  falsificacións en varias naves do polígono industrial de Cobo Calleja en Fuenlabrada. A maioría eran camisetas de equipos e de seleccións de fútbol que están a disputar a Eurocopa ou a Copa de América.

Durante a operación conxunta incautáronse outras 4,5 toneladas doutros artigos pendentes de reconto que, presumiblemente, poderían vulnerar dereitos de propiedade industrial. As investigacións iniciáronse por unha denuncia dunha marca, polos axentes da Unidade Fiscal e de Fronteiras de Madrid da Garda Civil e da área rexional de Vixilancia Aduaneira que inspeccionaron cinco operadores loxísticos situados nese polígono industrial.

No primeiro deles interviñéronse un total de 3.367.412 artigos falsificados; no segundo, 1.554.484 artigos; no terceiro e cuarto operador almacenaban un total de 1.045.870 produtos e na quinta inspección incautáronse 32.508 artigos.

Dos máis de seis millóns de artigos, boa parte son camisetas de fútbol de distintos equipos e seleccións que se atopan disputando torneos internacionais, entre eles a Copa América e a Eurocopa.

A investigación continúa en curso á espera de aclarar as relacións existentes entre os distintos operadores investigados, así como a súa posible extensión a terceiras empresas que puidesen verse involucradas nestas actividades ilícitas.

A operación encádrase dentro das actuacións que Garda Civil e o Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria desenvolven para combater a fraude e a economía ilegal; todo iso para brindar unha protección adecuada aos consumidores finais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade