Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álex López: "Pola historia que temos, merecemos tocar a Primeira División"

Álex López: "Pola historia que temos, merecemos tocar a Primeira División"

O club desvelou esta semana que renunciou a unha parte do seu soldo

Emblema do Rácing, quere seguir unha temporada máis en activo

G24.gal 09/06/2024 17:07

O partido de estrea na Malata ante o Spórting fica como a mellor memoria da temporada para Alex López. Valora o mérito de que o Rácing sempre estivo na zona media alta, e só lle queda a mágoa do que puido ser.

"Tiñamos a oportunidade de xogar algo histórico play off ascenso pero non nos deu. No meu caso xa teño unha idade e non sei se vai repetirse e se momento"

Capitán e líder dun vestiario no que espera seguir. Pero tamén designa un relevo, para el o seu substituto natural é David Castro. Un club cunha figura chave: o director xeral e deportivo. Carlos Mouriz, o xefe.

Foi Carlos Mouriz quen desvelou esta semana a renuncia de Alex a unha parte do seu soldo. Dende cadete ten rexeitado ofertas superiores. Segue facéndoo. Para quedar onde mantén as súas ilusións. E soños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos