Álex Marque e Delio Fernández estrearanse en Galicia no Gran Camiño
Álex Marque e Delio Fernández estrearanse en Galicia no Gran Camiño
Será a primeira vez que compitan de forma profesional na súa comunidade tras máis de quince anos de carreira
Ambos comparten equipo, o Tavira portugués, e esperan ter protagonismo na cita galega
Destacan a boa nómina de corredores que se xuntarán en Galicia dende o xoves na primeira edición da nova proba ciclista
Este xoves comeza a disputa de O Gran Camiño", a proba ciclista coa que retorna o pelotón profesional a Galicia. Coa presenza de cinco ciclistas galegos: Carlos Canal, Samuel Blanco, Guillermo Fernández Janeiro, Delio Fernández e Álex Marque. Os dous últimos xogaron onte Ao contraataque e expresaron as súas sensacións ante a súa estrea:
"É especial correr na casa. Nunca competín, xa que non estaba no Xacobeo que correu a Volta a España que saíu de Vigo. Serei o dorsal 1 da proba, pero non é significativo. A presenza de Valverde, Fulgsang ,Woods ou Carthy é un aliciente máis. Aínda que non estean ao cen por cento teñen un nivel impresionante. Darán categoría e repercusión á carreira", destacaba Delio Fernández.
"Sempre é especial correr en Galicia e máis no meu último ano de carreira. Estou recuperándome da caída da última tirada da Volta ao Algarve. O día do final en Luintra vai ser un 'etapón'. Os últimos 50 quilómetros son espectaculares. A presenza de Alejandro Valverde é un atractivo único. Faime especial ilusión correr con el", aseguraba Álex Marque.