Cargando resultados...
Alfonso Gómez, nacido en Corme, investido alcalde de Xenebra
Alfonso Gómez, nacido en Corme, investido alcalde de Xenebra
Emigrou a Suíza seguindo os pasos dos seus pais
G24.gal
07/06/2023 20:50
Última actualización 07/06/2023 20:57
Alfonso Gómez é desde esta tarde o novo alcalde da cidade suíza de Xenebra.
Entre gaitas e tambores suízos, este emigrante galego nacido en Corme, foi investido alcalde da segunda cidade máis grande do país, despois de Zúric.
O seu mandato dixo que o vai centrar na defensa dos dereitos humanos e na transición ecolóxica.
Sobre a morriña, dixo botar de menos a terra de onde vén, pero tamén apuntou que hai integrarse na que se está. Dixo que asumía o cargo "con moito orgullo".