Cargando resultados...
Alfonso Guerra pídelle a Sánchez que non ceda ante os independentistas
Alfonso Guerra pídelle a Sánchez que non ceda ante os independentistas
Di que sería unha condena á democracia e "unha humillación deliberada á xeración da transición"
G24.gal
20/09/2023 20:49
Última actualización 20/09/2023 21:02
Alfonso Guerra pídelle a Pedro Sánchez que non ceda ante o independentismo e que non lle conceda a amnistía. Di que sería condenar a democracia e unha humillación deliberada de toda a xeración da transición.
"Como cidadán dunha democracia e como socialista, pido que non se dea ese paso. Que non se conceda unha amnistía que falsificaría a historia, que convertería en represores os demócratas e convertería en demócratas os felóns que atentaron contra a liberdade e contra a democracia. E que ademais repiten cada día que o volverán facer", di Alfonso Guerra.