Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alfonso Rueda salienta o traballo dos galegos no canal de Panamá

Alfonso Rueda salienta o traballo dos galegos no canal de Panamá

Un dos actos centrais deste xoves é a reunión que vai manter nas próximas horas co presidente do país

G24.gal 13/04/2023 21:04

Alfonso Rueda xa está en Panamá para comezar a súa segunda viaxe oficial a América como presidente da Xunta. O primeiro acto da axenda foi unha visita ao canal como recoñecemento ao traballo que fixeron os milleiros de galegos que participaron a principios de século XX na construción desta grande obra de enxeñería.

Pero un dos actos centrais da axenda de Alfonso Rueda en Panamá é a reunión que vai manter nas próximas horas co presidente do país. O Goberno galego quere impulsar as relacións institucionais e comerciais entre Galicia e Panamá. Aquí xa hai instaladas moitas empresas galegas da construción ou da pesca, pero a Xunta quere aumentar a presenza de compañías do noso país en Panamá, que ten unha situación xeográfica privilexiada.

Trece mil barcos pasan cada ano por este canal que conecta 170 países e 1.920 países do mundo. Na súa construción participaron milleiros de galegos, cuxo labor quere homenaxear o presidente da Xunta con esta visita á esclusa de Miraflores.

"Cómpre poñer en valor ese traballo de 12.000 galegos hai máis dun século e en condicións moi difíciles; foron unha parte fundamental, como se recoñece no museo do Canal", explicou Alfonso Rueda. 

Os remolcadores que se usan dende a ampliación de 2016 están fabricados por unha empresa con sede en Galicia. A Xunta quere reforzar a presenza de compañías galegas neste país e ese será un dos temas centrais que tratará Alfonso Rueda co presidente de Panamá nunha reunión institucional.

"Interésanos moito estar aquí. Hai moitas empresas galegas potentes traballando aquí, pero gustaríanos que fosen máis", comentou Alfonso Rueda.

Actualmente viven en Panamá máis de 4.000 galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade