Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alfonso Rueda: "Son uns presupostos inflados"

Alfonso Rueda: "Son uns presupostos inflados"

Rueda engade que os presupostos do Estado ten medidas que "parecen dirixidas a facer oposición ás tomadas polas comunidades autónomas"

G24.gal 06/10/2022 14:56

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considera que o proxecto de Presupostos Xerais do Estado que o Goberno central presentou este xoves no Congreso son unhas contas "infladas".  O xefe do executivo galego di tamén que semella que algunhas das medidas que inclúen as contas do Goberno central parecen feitas para "facerlles oposición" ás anunciadas polas comunidades autónomas.

Rueda tamén valorou a inclusión nos orzamentos xerais dunha achega para a creación de 1.000 prazas en Medicina. O presidente da Xunta defende que esta medida non soluciona a situación actual da Sanidade pública, porque os "titulados sairán dentro duns cantos anos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade