Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alivio da familia de Diego Bello polo adiamento da vista que ía analizar a solicitude de liberación dos acusados

Alivio da familia de Diego Bello polo adiamento da vista que ía analizar a solicitude de liberación dos acusados

Nesa vista solicitaban a liberdade baixo fianza dos presuntos asasinos do mozo coruñés

G24.gal 08/08/2023 13:41

Cando se fan tres anos e 7 meses da morte de Diego Bello na illa filipina de Siargao, a sua familia respira hoxe máis aliviada: adiouse a vista prevista para onte en que a defensa dos policías acusados do asasinato ía solicitar a súa posta en liberdade baixo fianza.

Unha posibilidade, aínda que remota coa lei filipina na man, que lles xeraba intranquilidade porque os axentes xa estiveron case un ano fuxidos da xustiza, como explica Francisco Xosé Lafuente, tío de Diego e voceiro da familia.

A suspensión debeuse a que a familia de Diego pedira trasladar a causa ao tribunal de Manila e o xuíz decidiu parar calquera procedemento ata que a Corte Suprema resolva esa solicitude coa que buscan máis garantías.

A pesar de todos os atrancos e da demora do proceso a familia de Diego mantense firme no seu propósito de lograr que os supostos autores do asasinato paguen polo delito e que se impoñan a verdade e a xustiza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade