Publicador de contidos
Publicador de contidos

Almeida é o favorito para o concello de Madrid e o escenario está moi aberto en Barcelona e Valencia

Almeida é o favorito para o concello de Madrid e o escenario está moi aberto en Barcelona e Valencia

En Barcelona, Ada Colau, Collboni e Xavier Trias acabaron moi igualados nas sondaxes

Valencia oscila entre a continuidade de Joan Ribó e o cambio cara ao PP

G24.gal 28/05/2023 14:50 Última actualización 28/05/2023 15:08

En Madrid, as enquisas sitúan a Martínez-Almeida do PP como o favorito para manter a alcaldía, pero non tanto como Ayuso na comunidade. Fronte a el, a socialista Reyes Maroto e Rita Maestre de Mas Madrid rivalizan por liderar a esquerda.

"Veremos a partir das oito da tarde a ver que é o que pasa, pero ata as oito se cae auga en Madrid o que teñen que caer de verdade son votos nas urnas", dicía Almeida.

"Quero un Madrid onde poidamos abordar as desigualdades entre os varios distritos, un Madrid verde", aseguraba Maroto.

A alcaldía barcelonesa é toda unha incógnita. Ada Colau segue con opcións, pero o candidato socialista Jaume Collboni emerxeu como o preferido nas sondaxes. Iso si, a unha distancia mínima da propia Colau e do nacionalista Xavier Trias.

"Nestas eleccións, ademais, que son moi disputadas, máis ca nunca o voto vai ser decisivo, así que animar a todo o mundo a exercer o seu dereito ao voto", era a opinión de Colau.

"Nós estamos convencidos de que a partir de mañá se pode abrir unha nova etapa en Barcelona", agoira Collboni.

En Valencia, o actual alcalde, Joan Ribó de Compromís, depende da fortaleza do bloque de esquerdas e ve o bastón de mando ameazado pola candidata popular, María José Catalá, a primeira na maioría das sondaxes.

"Din todas as enquisas que cada voto é máis importante ca nunca porque están moi axustadas. Por tanto, unha chamada á participación", sinalaba Ribó ante os medios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade