Publicador de contidos
Publicador de contidos

Altas temperaturas e fortes treboadas en Ourense debido á entrada dunha DINA

Altas temperaturas e fortes treboadas en Ourense debido á entrada dunha DINA

A DINA afectará principalmente ao sur e a montaña da provincia

A alta posibilidade de pedrazo preocupa nos cultivos

G24.gal 07/06/2024 16:13

Nos vindeiros días, a entrada dunha DINA deixará un panorama de subida de temperaturas e fortes treboadas.

En Ourense hoxe agardan que os termómetros superen os 30 graos, aínda que hai aviso amarelo por acumulación de precipitacións e laranxa por pedrazo de grande intensidade.

Preocupa o pedrazo de gran tamaño que, segundo as previsións meteorolóxicas, pode vir principalmente polos cultivos.

Aínda que polo momento o único que hai é bochorno, o aviso laranxa por risco importante de treboadas no sur e na montaña de Ourense e no Miño de Pontevedra comeza ás tres da tarde. 

Ademais hai outro aviso amarelo en toda a provincia de Ourense por precipitación acumulada de 20 litros nunha hora. Con todo, os termómetros subiron aínda máis con respecto a estes últimos días. A Axencia Estatal de Meteoroloxía dá 35 graos na cidade das Burgas o día de hoxe.

As piscinas municipais de Ourense, que inauguran hoxe a tempada, fano coa certeza de que estarán baleiras debido á previsión de choiva. En caso de importantes treboadas, os servizos de emerxencia recomendan sentido común e non correr riscos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar