Os aloxamentos do Camiño de Santiago recuperan a ocupación previa á covid-19
Os aloxamentos do Camiño de Santiago recuperan a ocupación previa á covid-19
O sector confía en que non se torzan os bos prognósticos
Estes días nótase un gran movemento no Camiño de Santiago. Segundos os datos da Oficina do Peregrino, no que vai deste segundo ano Xacobeo chegaron peregrinando a Compostela máis de 64.000 persoas.
Hostaleiros e comerciantes das distintas rutas constatan unha recuperación da actividade económica e unha maior afluencia de xente.
Pilar, dona de dous aloxamentos con 50 prazas en Palas de Reis, asegura que o Camiño está completamente recuperado.
Tamén fan un bo diagnóstico os propietarios doutro hostal, situado a carón, e os dun albergue a poucos metros con 90 prazas. Agora agardan que as boas cifras se manteñan.
Aseguran que, polo momento, o que máis reciben son turistas internacionais. Segundo contan, a xente de aquí adoita peregrinar a partir de xuño.