Cargando resultados...
Alumnos da Aula de Maiores do Campus de Ourense estrean '12 no Camiño'
Alumnos da Aula de Maiores do Campus de Ourense estrean '12 no Camiño'
Unha longametraxe sobre o envellecemento activo e os valores do Camiño de Santiago
Momento da estrea no cine de Leiro
G24.gal
20/09/2023 14:39
Con dúas décadas as súas costas, a Aula de Maiores do Campus de Ourense non deixa de amosarnos a capacidade de superación e a creatividade de aqueles que xa están xubilados. Un dos seus últimos traballos acaba de estrearse na gran pantalla do cine de Leiro.
Trátase dunha longametraxe documental protagonizada por 12 alumnos que percorreron o camiño de Santiago entre a cidade das Burgas e a capital de Galicia.
A idea do filme xurdiu doutro compañeiro, Ramón Fernández, un apaixonado das rutas xacobeas, que se encargou de buscar financiación e darlle forma ao proxecto audiovisual. Unha longametraxe que será proxectadas nos centros galegos no exterior.