Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alumnos de FP crean en Lugo un Fórmula 3 para o piloto Alonso Liste

Alumnos de FP crean en Lugo un Fórmula 3 para o piloto Alonso Liste

Estudan o ciclo de mecánica especializada para competición, unha FP única en España

Desenvolveron tamén un innovador simulador de carreiras 

 

G24.gal 22/05/2024 14:25

"Sempre me gustou o motor e esta FP dáme unha oportunidade para estudalo e traballar nel".

"O sector demanda profesionais, precísase xente preparada para este tipo de coches".

"Eu era unha apaixonada do motor, souben do ciclo, apunteime e estou moi contenta".

Xoán, Pablo e Daniela forman parte da primeira promoción dunha FP única en España, que os prepara como mecánicos de competición. Arrincaron en setembro e pronto colleron velocidade. En cuestión de meses prepararon un F3 co que xa competiu o piloto Alonso Liste.

"Desmontámolo enteiro, fixemos os axustes, a suspensión e o motor".

"Dános moita confianza que un piloto aposte por nós", din os alumnos.

"Competimos, logramos chegar e conseguimos un quinto posto que é unha pasada para nós", explica José Iglesias Fernández, titor do ciclo no CIFP As Mercedes de Lugo.

Alumnos e profesores desenvolveron tamén este simulador de carreiras. Un lugar onde probar diferentes configuracións do coche para logo trasladalas á pista.

"Metemos as configuracións para diferentes tipos de probas e o piloto vai probando. Se está cómodo despois as trasladamos ao coche para que as probe na pista. É un xeito de aforrar tempo e cartos", comenta o titor.

Estes días xa non os atopamos nas aulas de Lugo. Ao tratarse dunha FP dual completan o curso traballando en talleres como este de Vimianzo, que prepara desde cero bólidos de competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar