Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alumnos de FP de Lugo aprenden a realizar inspeccións en avións

Alumnos de FP de Lugo aprenden a realizar inspeccións en avións

 É un traballo con moita demanda, que abre moitas portas no mercado laboral

O CIFP As Mercedes de Lugo é pioneiro en dar esta formación
G24.gal 30/01/2024 19:13 Última actualización 30/01/2024 19:42

Da man dun experto en inspeccións de avións comerciais aprenden como detectar gretas ou calquera outra deficiencia nas pezas que poda poñer en risco a seguridade da aeronave.

O centro de FP As Mercedes de Lugo é pioneiro en darlle aos seus alumnos de Aeromecánica esta formación.

Din que para eles é de moito proveito porque lles abre portas no mercado laboral. 

Unha formación aínda non regulada pero moi necesaria, xa que as grandes compañías apostan cada vez máis por estes ensaios para detectar posibles danos e reparalos como método para abaratar custos no mantemento das aeronaves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade