Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alumnos de primaria celebran o Día do Medio Ambiente limpando a contorna do río Gafos

Alumnos de primaria celebran o Día do Medio Ambiente limpando a contorna do río Gafos

A actividade coordinada pola Asociación Vaipolorío pretende concienciar os máis pequenos

G24.gal 05/06/2023 14:15

Unha actividade lúdica e didáctica nunha contorna que teñen moi próxima ao seu centro escolar e que moitos xa coñecen. O obxectivo: concienciar os máis pequenos da necesidade de coidar o medio ambiente.

Para eles, esta actividade é o colofón a un proxecto medioambiental no que e levan traballando todo o curso.

Saben que hoxe é unha data significativa. Unha data que no seu 50 aniversario pon o seu foco na contaminación dos plásticos.

Conscientes dos riscos que supoñen, no seu paseo pola contorna do río Gafos afanáronse por recoller todo o lixo que atoparon. 

Un cambio climático cuxos efectos xa coñecen, malia a súa corta idade, e contra o que desde ben pequenos están preparados para loitar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade