Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alumnos do CIFP As Mercedes de Lugo están construíndo un avión

Alumnos do CIFP As Mercedes de Lugo están construíndo un avión

Enmárcase no Proxecto Innova e os alumnos practican fóra do horario escolar

G24.gal 03/04/2022 12:33

A engrenaxe de todos eles é Luís, un namorado da aviación que é profesor nas Mercedes dende que hai sete anos comezou o ciclo de mantemento aeromecánico.
As ansias de voar véñenlle no sangue pola súa familia: o seu avó foi cofundador do aeroclub de Lugo, que agora preside o seu pai.
Luís, como profesor, trata de transmitirlles esa mesma paixón polos avións aos seus alumnos.

Neste ciclo apréndenlles aos alumnos a facer o mantemento dos avións tripulados e, tamén, a pilotar drons. Construír este avión é un incentivo que lles ocupa moitas horas fóra das lectivas.

Construír o avión levaralles unhas mil horas.
Trátase dun modelo bipraza configurado en tándem con motor eléctrico con baterías, por ecoloxía e consumo. Toda unha aprendizaxe para os alumnos.

O reto de construír este avión e facelo voar vai parello a conseguir manter motivado e formado o alumnado. De feito, todos os rapaces que remataron o ciclo nas promocións anteriores están contratados por empresas de aeronáutica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade