Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álvaro Pin é o zoqueiro máis novo de Galicia, con só 16 anos de idade

Álvaro Pin é o zoqueiro máis novo de Galicia, con só 16 anos de idade

Ademais de zocas, fai carozos e cestos de vimbio e teita pallozas

O rapaz é autodidacta e recolle el mesmo os materiais que emprega

 

G24.gal 17/08/2023 13:45

Só ten 16 anos e xa perdeu a conta das zocas que leva feitas. Álvaro aprendeu o oficio por si mesmo e percorreu o concello de Castroverde para facerse coas ferramentas. Neste minúsculo taller desenvolve todo o seu talento.

Á diferenza da maioría de mozos da súa idade, Álvaro foxe das redes sociais e atopa nos oficios e na natureza o seu esparexemento. É das persoas que teñen o don de escoitar a madeira e as plantas e convertelas en arte.

Este mozo tamén fai cestos de todos os tipos cos vimbios e xuncos, e corozas para cubrirse da chuvia. Hai semanas estivo en Piornedo teitando unha palloza e xa ten máis proxectos en marcha. Aínda que é consciente de estar en fase de aprendizaxe.

Álvaro dedica case todo o seu tempo libre á artesanía, pero quedáronlle momentos para aprender a xogar á billarda e tocar o birimbao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade