Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ames e Salceda de Caselas celebran os datos demográficos do 2021

Ames e Salceda de Caselas celebran os datos demográficos do 2021

Son os únicos concellos de Galicia onde o saldo vexetativo é positivo

Ames rexistrou 37 nacementos máis que defuncións no 2021
G24.gal 17/11/2022 14:44

"É un sitio ideal para ter familia e crialos, todo moi preto, colexios, garderías, os servizos de primeira necesidade tamén son moi extensos", comenta unha veciña de Ames.

Ames e Salceda de Caselas son os únicos concellos de Galicia onde aínda nace máis xente da que morre. Así o desvela o INE, que acaba de publicar os datos definitivos correspondentes ao ano 2021. Ames viviu a súa propia revolución demográfica co cambio de século, que foi cando duplicou a súa poboación. O ano pasado naceron 209 cativos.

"Tes garderías, tes tamén dous colexios preto e hai tamén moito parque, moitos pequenos para xogar e relaciónanse entre eles moi ben", apunta un pai.

A evolución demográfica tamén está sendo positiva para o concello pontevedrés de Salceda de Caselas. O ano pasado houbo 82 nacementos, 13 máis que defuncións.

"Iso indica que somos unha vila tranquila, acolledora, con servizos de calidade", explica Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas.

En termos xerais Galicia encara os peores datos demográficos da súa historia. No 2016 eran case 30 os concellos con saldo positivo, agora só dous e os dous cun denominador común, están situados dentro da área de influencia de cidades grandes.

"Coa autoestrada tes de todo a 5 minutos en coche, polo tanto un sitio moi ideal".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar